Servizos

Servizos da asociación

Formación

Cursos AFD (anteriormente cursos FIP)

A xestión destes cursos corre a cargo de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), prestando Amizade a súa colaboración en todo aquilo que se precisa.

As Accións Formativas prioritarias para Desempregados (AFD) comprende o conxunto de accións de formación profesional ocupacional dirixidas aos traballadores desempregados, para proporcionarlles cualificacións requiridas polo sistema productivo e insertalos laboralmente, cando os mesmos carezan de formación profesional específica ou a súa cualificación resulte insuficiente ou inadecuada.

Obradoiros

Dentro de todas as actividades e obradoiros organizados en Amizade procuramos que para cada Alumno/a se elabore un programa individual adaptado á súa capacidade e estructuras cognoscitivas persoais, de intervención física, psicolóxica ou de iniciación ao mundo laboral nos casos que sexa posible.

Estes obradoiros teñen como finalidade a habilitación social e a promoción profesional das persoas con discapacidade, tendo en conta as súas necesidades e as necesidades do seu contorno.

A participación de todos os alumnos/as nas actividades supón, ao mesmo tempo que unha situación de respiro familiar:

Información e asesoramento

Diariamente, en horario de atención de 9:00 a 15:00, no local social de Amizade, infórmase a todas as persoas que o soliciten. Proporciónase información de moitos temas, tales como os beneficios do certificado de discapacidade, axudas económicas e técnicas, accesibilidade e supresión de barreiras, formación, asociacionismo, emprego, etc.

Todas as consultas recibidas en Amizade son rexistradas nunha base de datos. A resolución das mesmas realízase de forma inmediata polo persoal de Amizade, sempre que non requira un asesoramento profesional específico; neses casos, a consulta é trasladada ás oficinas centrais que COGAMI ten en Santiago de Compostela. Alí un equipo multidisciplinar de profesionais (avogados/as, traballadores/as sociais, economistas...) redacta un informe coa resolución da consulta efectuada en non máis de catro días. Unha vez recibido este informe trasládase a resolución adoptada a persoa interesada.

Actividades e campañas

Actividades asociativas

Particípase nas reunións e asembleas da Cogami-Pontevedra e de COGAMI das que Amizade forma parte.

Mantéñense contactos periódicos con responsables políticos da comarca de Pontevedra para tratar temas ordinarios de traballo continuo ou algunha cuestión particular que nos sexa transmitida por algún socio/a.

A elaboración de comunicados de prensa sobre cuestións de actualidade que afecten ao grupo social das persoas con discapacidade é unha tarefa continua que nos permite estar presentes nos medios de comunicación, contribuíndo así ao cambio social que todos esperamos.

Ocio e tempo libre

As actividades de ocio e tempo libre véñense desenvolvendo pola asociación desde o seu nacemento. Favorecen a integración na comunidade das persoas con discapacidade a través da participación social á vez que melloran as relacións interpersoais.

Téñense programado, nos últimos anos, visitas a lugares de interese (museos, bodegas,...), asistencia a espectáculos deportivos, xantares e ceas, etc.

Nos últimos anos tense ampliado a oferta de actividades, organizándose comidas na praia de Montalvo, unha visita á praia de Rodeira en Cangas, unha visita ao parque natural Complexo Dunar de Corrubedo, realizouse o roteiro Castelao, visitouse a Área arqueolóxica do Tourón, relizáronse diversas xornadas de pesca, unha visita ás Illas Cíes, visitas ás cidades da Coruña e O grove, etc.

Centro de atención integral

Fachada do local (clic para agrandar a foto)O noso centro ten por finalidade satisfacer as necesidades de promoción profesional e habilitación integral das persoas con discapacidade na súa zona de residencia, sempre axustadas as súas características persoais e polo tanto cun itinerario específico que lles permite superar os obstáculos que as veces supón a súa discapacidade.

Non pretende ter un carácter finalista ou residual, no sentido de que as persoas que participan no centro permanecen alí sen máis posibilidades de avance, senón que se contempla como unha posibilidade máis dentro do sistema laboral, sempre que sexa factible; e dicir, como unha etapa previa á formación ocupacional ou ao emprego, tanto nun entorno protexido (centros especiais de emprego) como nun emprego ordinario.

Proxectos

As TIC Achéganse a ti

O avance tecnolóxico aportou ao ser humano novas e maiores posibilidades de desenvolver un modo de vida máis completo. Sen embargo, a construción dunha sociedade cada vez máis avanzada fíxoa ao mesmo tempo, máis complexa, na que continuamente novos e específicos coñecementos e habilidades se esixen ás persoas. No caso das persoas con discapacidade a progresiva complexidade do medio social pode ter, sen embargo, o efecto contrario ao buscado polo progreso social.

Distribuir contido

Navegación

Transporte accesible

Amizade nas redes sociais

Ir á páxina de Facebook de Amizade

Amizade está presente nas redes sociais. Consulta o noso perfil de Facebook, faite amiga/o e comenta as noticias.

Marca Fins Sociais

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.