Noticias

Nova Páxina Web

Temos en marcha o deseño dunha Nova páxina web que ben seguro que mellorará toda a información relativa á asociación.
Estade atentos/as!!!

XXII Asemblea Xeral Ordinaria, e tamén a XIII Asemblea Extraordinaria

Momento da asemblea [Clic para ampliar a imaxe]O sábado día 25 de abril de 2015 celebrouse a XXII Asemblea Xeral da asociación Amizade, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Xunta Directiva deu conta do traballo desenvolvido durante o exercicio do 2014, presentando a memoria de todas as actividades realizadas así como o balance económico, que concluiu cun certo aforro. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade dos socios e socias presentes.

Marca a X Solidaria

Iníciase a campaña da declaración da renda e todas as persoas temos a opción de marcar a casilla da X Solidaria.
Trátase de tomar a decisión de decicar o 0,7% dos nosos impostos a fins sociais, axudando así ás persoas máis vulnerables. De non facelo, o contribuínte toma unha actitude pasiva e deixa que sexa o Estado quen decida o destino desa parte dos impostos.

Nin pagas máis, nin te devolven menos.

Máis información: Web da X Solidaria

Presentación do programa "+Mobilidade"

Foto da charla de presentación da xornada [Clic para ampliar a imaxe]As instalacións de Soluciona Grupo EMS en Santiago de Compostela (Polígono de Costa Vella) acolleron o acto de presentación do programa “+Mobilidade”, un conxunto de actividades formativas e talleres que van informar sobre as últimas novidades de axudas técnicas para a mobilidade persoal.

Amizade organizou unha Xornada lúdica, con Pesca e paseo pola ría

Foto de grupo[Clic para ampliar a imaxe]Nesta ocasión non só se organizou unha xornada de pesca senón que se ofertou tamén a posibilidade de dar un paseo pola ría. O 27 de setembro foi o día no que tivo lugar esta Xornada, que novamente se celebrou na contorna do paseo próximo ao peirao das Corbaceiras

Xornada de confraternidade en Montalvo

Imaxe dun momento da comida [Clic para ampliar a imaxe]Como ven sendo xa case unha tradición, o pasado sábado 23 de agosto Amizade organizou unha comida de confraternización entre os seus socios/as, achegados/as e amigos/as no piñeiral da praia de Montalvo.
Sobre as 12:00 foron chegando os primeiros asistentes, que foron compartindo experiencias e preparando as mesas para o xantar.

XXI Asemblea Xeral de Amizade

Imaxe dun momento da Asemblea [Clic para ampliar a imaxe]O sábado 26 de abril celebrouse a XXI Asemblea Xeral de Amizade. Nesta ocasión, tivo lugar na Casa de cultura de Lérez, ás 11:30h, asístindo un total de 21 persoas socias.

Nela, a Xunta Directiva deu conta do acontecido durante o ano 2013; presentou a memoria das actividades e obradoiros desenvolvidos ao longo de todo o ano e fixo unha descrición do informe económico, é dicir, de onde se conseguiron os cartos (administración públicas, empresas privadas, cotas de socias,...) e onde se investiron (monitores, materiais, , saídas de ocio,...).

X Solidaria

Recordade que xa estamos na campaña da declaración da renda e as entidades sociais pedimos que marquen o recadro destinado a FINS SOCIAIS, que este ano cambia de nome e se chama "Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social".

Amizade mantén reunións co Concello de Pontevedra

Nos meses de decembro de 2013, e xaneiro e febreiro de 2014 o presidente de Amizade reuniuse con diversos responsables políticos técnicos do concello de Pontevedra. Nestas reunións, Amizade trasladou a súa opinión e as súas propostas sobre variados temas.

Un deles foi o referente ao uso fraudulento que algunhas persoas fan das tarxetas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida e da necesidade de exercer un maior control por parte da Policía Local. Paralelamente falouse da necesidade de ampliar o número de prazas reservadas en zonas céntricas da cidade.

Remata o obradoiro de Informática Básica e o obradoiro de Ocio e Lecer

Imaxe dun momento do Obradoiro [Clic para ampliar a imaxe]No mes de novembro remataron dous Obradoiros que Amizade desenvolveu durante o ano 2013. O Obradoiro de Informática Básica rematou o día 29 de Novembro e o de Ocio e Lecer o 30 do mesmo mes.
O primeiro deles, o Obradoiro de Informática Básica desenvolveuse entre o 1 de Marzo e o 29 de Novembro e tiña como obxectivo principal incrementar as habilidades as posibilidades de acceso ao mercado de traballo das persoas con discapacidade a través da mellora da súa formación.

Distribuir contido

Navegación

Transporte accesible

Amizade nas redes sociais

Ir á páxina de Facebook de Amizade

Amizade está presente nas redes sociais. Consulta o noso perfil de Facebook, faite amiga/o e comenta as noticias.

Marca Fins Sociais

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.