Comunicados

Comunicados e notas de prensa

Amizade denuncia a proposta de prolongar os prazos da aplicación da LEPA

A Lei de Autonomía Persoal e atención ás Persoas en Situación de Dependencia (LEPA) presentouse diante da opinión pública como a solución para moitas situacións de desamparo e abandono nas que se atopaban moitas persoas. Produciuse unha venda de esperanza, de fume, que se veu traducindo co paso do tempo en resignación e frutración.

Amizade reúnese con Guillerme Vázquez

Á reunión do 18-10-07 asisiu tamén o arquitecto municipal Ángel Velando. Tivo lugar no local que Amizade, en Monte Porreiro, e ademais de aproveitar para presentarlle as novas instalacións, tratáronse os seguintes aspectos.

Tratouse a situación do transporte e da necesidade de que o concello se implicase na adaptación progresiva do material móbil existente e de non permitir a posta en funcionamento de ningún vehículo de transporte que non fose accesible. Guillerne Vázquez comprometeuse a estudiar cales serían as capacidades legais do concello para esixir tales condicións.

Amizade reúnese con Teresa Casal

A reunión do 11-10-07, á que tamén asisiu o concelleiro José Manuel Valcarcel, tivo lugar no local que Amizade ten en Monte Porreiro. Aproveitopuse para presentarlle as novas instalacións e facerlle unha exposición exhaustiva das actividades e servizos que ofrece a entidade así como os obxectivos que se perseguen coas mesmas.

Amizade reúnese co alcalde de Pontevedra

Nunha reunión que tivo lugar na casa das campás o 21-09-07, e que se prolongou por máis de hora e media, tratáronse diferentes temas de interese para a asociación.

Falouse da situación do transporte na cidade e a ausencia de vehículos adaptados, tanto de autobuses como de taxis (posto que só hai un). O alcalde mostrou o seu compromiso coa cuestión e comprometeuse a estudiar posibles vías de colaboración coas empresas para ir cambiando a situación existente.

Amizade estudia denunciar á empresa Rías Baixas pola adquisición de dous autobuses que non cumpren a normativa galega de accesibilidade

O pasado día 18 tivo lugar en Pontevedra a presentación de dous autobuses ecolóxicos, á que asistiron diversos representantes políticos e veciñais. A empresa fala da menor contaminación e das medidas de seguridade como as principais vantaxes destes novos vehículos, esquecendo que a calidade do servizo non pode mellorar se no se lle permite o seu uso a todas as persoas.

Amizade amosa o seu apoio á I Marcha pola Visibilidade da Diversidade

O vindeiro día 15 de setembro de 2007 celebrarase en Madrid a I Marcha pola Visibilidade da Diversidade, convocada polo Foro de Vida Independente. Unha marcha festivo-reivindicativa na que se pretende expresar que a diversidade existe, está presente na nosas vidas, e que lonxe de ser un problema constitúe unha verdadeira riqueza para unha sociedade. Ao mesmo tempo, incidirase tamén na necesidade de alcanzar a Accesibilidade Universal, na integración laboral das persoas con discapacidade e no logro de autonomía e liberdade para todas as persoas con necesidades de apoio xeneralizadas.

Amizade solicita unha reunión co alcalde de Pontevedra

A Asociación Amizade solicitou unha reunión co alcalde de Pontevedra o día 31 de xullo de 2007. Ademais de felicitalo pola súa reelección como alcalde da cidade capitalina, aproveitouse para convidalo a visitar as novas instalacións da entidade situadas en Monte Porreiro.

Amizade interésase polos pasos de peóns da Avenida de Bos Aires

A Asociación Amizade, con data 23-07-07, remitiu un escrito ao presidente da deputación de Pontevedra, o señor Rafael Louzán, solicitando información sobre a situación dos pasos de peóns situados na Av. de Bos Aires.

O escrito denunciaba a falta de accesibilidade que había nos pasos de peóns e esixía unha rápida actuación nesa zona para poder facer efectiva a conexión entre o barrio de Monte Porreiro e o centro da cidade.

Distribuir contido

Navegación

Transporte accesible

Amizade nas redes sociais

Ir á páxina de Facebook de Amizade

Amizade está presente nas redes sociais. Consulta o noso perfil de Facebook, faite amiga/o e comenta as noticias.

Marca Fins Sociais

Queres colaborar?

Coop57

Ir á web de Coop57

Amizade é socia da cooperativa Coop57 , que destina os seus recursos a dar préstamos a proxectos de economía social.